miércoles, 29 de junio de 2016

Por que si solo se trata de querer?

Se querían, pero la sociedad no les quería.
Se amaron en clandestinidad sin poder mostrar su felicidad para que otros sí fuesen felices.
Murieron de amor por vivir en soledad.
¿Por qué si solo se trata de querer?

María V. Rey
28 Junio

--------
Queríanse, pero a sociedade non os quería.
Amáronse na clandestinidade sen poder amosar a súa felicidade para que outros si fosen felices.
Morreron de amor por vivir en soidade.
Por que si só se trata de querer?

María V. Rey
28 de Xuño

Que pouco a pouco se consiga esa liberdade e se acaben os prexuízos.

jueves, 23 de junio de 2016

San Xoán

Jorge e Sara fan sempre por San Xoán unha gran cea con amigos e familiares.
Veñen os seus tres fillos: Roberto, Anxo e Lourdes, acompañados das súas parellas e recentemente, do seu neto Alejandro que naceu o pasado 20 de maio.
Reúnense na casa familiar que teñen en Cedeira e fan unha gran cacharela.
Sara prepara uns ricos cachelos i ensalada, e Jorge ocúpase da parrilla e as sardiñas.
Os fillos preparan a fogueira e Lourdes os postres e a mesa para os comensales.
Ás 00:00h. da noite prenden lume e botan as meigas fóra dando gracias por estar reunidos un ano máis, pois as boas costumes non deben perderse nunca...
María V. Rey
.
"Historias para recordar".- texto e preguntas para realizar actividades de Psicoestimulación de Memoria en Adultos Maiores.


martes, 21 de junio de 2016

É verán

Barullo nas beirarúas.
Portas e terrazas ateigadas pasadas as doce da noite.
Manga curta e pernas ao aire. E gústache non sentirte escrav@ da chaqueta.
O ceo despexado. Despexado de día e de noite, podes contar cada unha das estrelas, e contarllas a alguén tamén.
Charlas, reflexionas ou estás calad@ simplemente observando.
Cenas no xardín, refresco ou xelado, pero no xardín e xa de noite.
Das apertas. E bicos, sobre todo bicos.
Durmir coa ventá aberta e sen taparte. Incluso sen pixama, pero sempre con esa persoa ao lado.
Da vitamina.
Chegou.
É verán.

María V. Rey
.

domingo, 12 de junio de 2016

Solo eso

- Sabes que che faría agora mesmo?
- Que?
- O amor. Faríache o amor... Lenta, con detalles, con mimo, con caricias, apasionada... Solo eso.


María V. Rey
.

jueves, 2 de junio de 2016

Novo Torneo do Praíña Sp. C.

Un ano máis o equipo de fútbol do Praíña Sp. Club fai o seu xa coñecido Torneo.
Este ano montado ao grande!!!
Un traballo de unión entre clube e familias, un gran traballo para ofrecr os aficionados, socios e asistentes un bo día de deporte.
Poderase comer nas inmediacions do campo polo que se apode apuntar o día para pasalo en familia e con amigos nas instalacións do Praíña!
Animádevos, eu alí irei comer ainda que me toque fin de semana de traballo.


Seguidores