martes, 29 de septiembre de 2015

Abrazos


Abrazaches a alguén algunha vez?
Pero cun abrazo deses que comezan forte e que, ainda que acaban con menos intensidade, se funden ambos corpos. Como apoiados un no outro, que nin axfisian nin molestan. Que non se necesitan para sosterse, pero que non se soltan. Un abrazo deses.
Pois imaxínao.
Pecha os ollos e imaxinao.
 
Sinte como os brazos te rodean, como o teu corpo descansa no da outra persoa, como a túa cabeza, arrimada contra o peito contrario sinte o latexo de quen te rodea.
 
Imaxínao. E cando o necesites, cando necesites fundirte con alguén para sentirte protexido e aliviado, imaxina ademáis que esa persoa está aí para darcho, porque ata na distancia estará cerca si o imaxinas...


María
.

jueves, 24 de septiembre de 2015

Sorrí


Sorrí.
Volve sorrir a cada instante.
Antes custáballe mostrar o seu sorriso, pero agora non pode bórralo da cara.
Ninguén sabe que lle pasa, pero eu sei que el volve escribir, e sin ser nada, son algo...
E de cada vez... Sorrí.


María
.

 

sábado, 12 de septiembre de 2015

DEPORTE: campionato mundial de #TRIAL


Despois da celebración da proba de TRIAL na parroquia de Lampai, Teo sorprendeu aos organizadores do campionato deste deporte e optouse por realizar as probas do campionato mundial no noso Concello, o Concello de Teo.
 
 

 
Durante  esta semana o ambiente que conleva a cita foi notable no entorno onde se celebran as fases do circuito, e máis no centro do Concello, onde se concentrou o punto central da proba. Na Praza dos Encontros, nas inmediacións da Piscina e Ximnasio municipal, é onde está colocado o Paddock dos equipos e escuderías, as zonas de descanso, as caravanas, o pulpeiro, parte do aparcadoiro, zona de adestramento...todo se fai notar.


Foto cedida polo xornal TEOVIVO
 Nesta fin de semana poderemos ver pilotos de varias categorías, de diferentes idades e tanto homes coma mulleres. Dende os de recente iniciación, que disputan este encontro como a súa primeira experiencia nun campionato mundial, como grandes trialistas como pode ser Toni Bou (foto), Adam Raga, Takahisa Fuginami, Jorge Casales entre outros.
 
Sen dúbida, para os amantes do motor, das motos, do Trial, esta é unha gran oportunidade para disfrutar deles en directo.
Ademáis penso que pode ser un bo divertimento en familia xa que dende os máis pequenos poden acudir a ver este espectáculo. A praza dos encontros fai uso do seu nome para que poidamos "encontrarnos" neste punto de cultura e deporte, fomentando, promovendo e apoiando.
Quizáis non está a ter o eco esperado ou a difusión necesaria para a cita do calibre que representa, pero Teo está no mapa, e desta vez por algo positivo.
 
Poderedes ver diferentes fases do circuito achegándovos á Ramallosa, a Loureiro ou a Lampai, pero achegádevos e descubride por vós mesmos esta experiencia. Esta que vos escribe tiñao visto pola tele, agora que o vin en directo esta mañá, podo dicir que realmente son un espectáculo!
 
O domingo segundo día de probas, saída a partir das 9h da Praza dos Encontros. Entrega de premios e clausura ás 17:30h.
 
 
María
.

Seguidores