Se hai algo? Non o sei.
Non parece de verdade.
Sucede coma nunha realidade paralela que non se da identificado moi ben.
De repente algo cambiou, pero non sabes moi ben o que.
A curiosidade existe e a ilusión parece detida polo medo ó cambio inesperado.
Como definir ese algo?
Non o sei, pero algo hai.
María
.
Móstranse pequenas verbas que a miña mente crea tras a reflexión e a visita da inspiración...así como algún evento de interese ou artigo de opinión. Se muestran palabras y pequeños relatos que mi mente crea tras la reflexión o la visita de la inspiración...así como algún evento de interés o artículo de opinión. - María Vázquez Rey -
Datos personales
sábado, 7 de septiembre de 2013
jueves, 5 de septiembre de 2013
Chuvisca en Carbia
Espertou cos primeiros raios de claridade que entraron pola fiestra aquela mañá.
Despois de tal verán de sol e calor, de días de Praia e refrescante brisa dende a terraza dos chiringuitos, de noites estreladas dende a tumbona no xardín...
Aquela mañá xa non era coma todas as anteriores.
Aquela mañá o sol xa non petaba tan forte, xa compartía horario coas nubes, máis despertaraa igual.
Arredou as finas sabas que a cubrirán durante a noite e pouco a pouco, desprendéndose da cama coma quen non quere deixar ó amante na estación...Púxose en pé.
Cando os seus poucos pasos se detiveron a carón da ventá descubriu que foi o que cambiou. Abreu a fiestra e o olor da terra mollada entrou no cuarto...
Xa caeron as primeiras pigas...
Xa o Outono está a chamar á porta...
María
.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)