lunes, 30 de julio de 2012

Sentimentos que se esconden...

A veces sucede que pensas que esqueciches o sentimento que tiñas cara unha persoa. Que es alguén totalmente novo.
Pero é cando un baixa a garda cando aparece ante ti unha imaxe, un lugar, unha persoa e sona esa canción...
E sen querer a respiración córtase, sae un suspiro e unha tímida bágoa escorrega polas túas meixelas.
É entón cando sabes que ese sentimento non marchou, porque case sempre as persoas marchan e os sentimentos quedan...


María
.

miércoles, 18 de julio de 2012

Historias sen final (IX)

Así como amanece un día soleado e unha gran nube troca o ceo a gris ó porse diante da gran estrela, a vida dunha persoa pode quedar truncada.

O corazón de Ánxela amencía soleado esta mañá, o seu sorriso contaxiaba e a súa mirada irradiaba ledicia, máis o solpor chegou de maneira inesperada.
Xa pasaran  dez anos da chegada de Carlos á súa vida e nin un só día mudou os sentimentos que cara el tiña, e non imaxinaba, nin por un segundo, como remataría o día.

O reloxo marcou as 17.00h. Rematou a xornada de traballo.
Ás 18.00h. quedara con Carlos para tomar café.
A medida que a conversa sucedía, había algo estrano nela e de súpeto apareceu a gran nube gris que trocou o ceo de Ánxela.

- Temos que deixar a nosa relación. Estou namorado doutra persoa.


Esas verbas resoáronlle tan adentro a Ánxela que non puido nin responder. Quedou muda, petrificada, vacía... Tras uns segundos só atinou coller a taza de café, beber un sorbo e desaparecer entre o nubrado horizonte...



María
.

Seguidores