viernes, 25 de noviembre de 2011

Sorrisos e bágoas no deporte: Antón Ruanova e Ezequiel Mosquera

Pois si, sorrisos e bágoas.

Hoxe falo neste pequeno espacio que particularmente "posuo" no gran mundo da internete, de dous deportistas da nosa comarca, de dous GRANDES deportistas, que ao meu parecer sempre defende a xustiza e o xogo limpo no deporte.

A ambolos dous lle son recoñecidos os méritos do seu esforzo, pero esta semana os días non amanecen de igual maneira para os dous.


O sorriso neste caso é para o triatleta ANTÓN RUANOVA, que tras os esforzos que fai na súa carreira é un claro exemplo de superación no deporte. Un deportista que tamén tivo momentos baixos onde puido quedar sen patrocinadores e que salvando todos eses duros momentos se proclamou SEGUNDO NA COPA DE ÁFRICA!

Este triunfo non fai máis que confirmar a progresión deste triatleta, xa que nas 5 probas internacionais que disputou (Turquía, Banyoles, Portugal, República Checa e Marrocos) foi escalando posicións ata este 2º posto africano.

De aí o sorriso e a miña FELICITACIÓN (e como che din nas túas cercanías: lume!)

Por outro lado están as bágoas, que ainda tocan máis de preto. Pois Ezequiel Mosquera é veciño de Teo coma min, pero ademáis, como xa dixen noutra ocasión teño a honra de poder coñecer o seu entorno e ás persoas coas que vive o día a día. O seu é un tema delicado, e como tal, afecta moito personalmente.
Paréceme indignante que coa de casos graves que existen no deporte, se fixe tanta dureza contra un deportista que en ningún momento se conseguiu acusar con certeza. Que se xulgue tan á lixeira dende un primeiro momento a un deportista de a pé, sinxelo e loitador.
E tendo en conta a falta de probas é como para que a certas persoas se lles caia a cara de vergoña por non apoiar a este ciclista, como se lle vira as costas a alguén.
Ezequiel recurrirá a súa inxusta sanción, e tristemente para todos tamén fala da súa retirada, que ainda que sempre dixo que sería nunha bicicleta, agora vese truncada esa idea moi ao seu pesar...

Dende Teo, somos moitos os que te apoiamos, esperamos que poidas saír beneficiado e disfrutemos de ti sobre as dúas rodas un tempo máis e as bágoas se tornen sorriso de novo, pois creo que todo o que lograches foi gracias a o esforzo e o entrenamento, o apoio de todos os que te rodean e que o teu trato está sendo inxusto.

Enlace que se pode ler na páxina de facebook de Ruanova sobre o ciclista teense:
http://www.facebook.com/#!/notes/anton-ruanova/el-secuestro-de-ezequiel-mosquera/10150476387822269
Tamén na súa páxina web está publicando unha serie de artigos para axudar a entender a situación de Ezequiel.


María
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Seguidores