jueves, 26 de mayo de 2011

A Asociación Recreativa e cultural de Os Tilos

A Asociación Recreativa e Cultural de Os Tilos leva un tempo loitando por manterse. Precisa financiación.
A última idea que está a levar a cabo é a posta dun mercadillo na praza do Toural en Santiago de Compostela (evento que xa compartín no meu facebook onte).

Hoxe acerqueime ata alí:


E eu, particularmente, xa fixen a miña pequena aportación. Agora fago eco da súa actividade neste humilde blogue para que os que teñades oportunidade de acercarvos o fagades, e contribuades con outro graniño de area, para que así teñan un gran areal!!

María
.

miércoles, 11 de mayo de 2011

Parabéns a unha loira.-11/5/1990

Dise por terras de Xermeade que aló polo ano 1990 naceu, dunha morena, unha loira.

Ó cabo duns anos esa loira viaxou de Suíza ata o Reino de Xermeade coa intención de quedar a vivir nel. Sen deixar pasar moito tempo, fíxose co poder de Xermeade D'Arriba.

A pesar da súa aparente distancia coa sociedade, xa dende a súa chegada entablou boa amizade coa emperadora Tukísima que reside en Xermeade D'Abaixo, comezando así unha liña de diálogo e relación que atravesaba o reino.

Hai quen di que esta estrana muller loira vida de fóra, vén en realidade de moito máis aló do universo e dan en chamala "Jedi". Algún outro atrévese a dicir que procede dunha saga vampiresca e posúe máxicos poderes...

Eu a verdade non sei si estes rumores son certos ou non, pero dende a súa chegada, e as relacións entabladas, fóronse sucedendo no reino alianzas que desenvocaron en reunións, festas, ceas, obradoiros de cociña, competicións deportivas...

Sexa con axuda máxica ou non, a unión creada, esperemos que se manteña ó longo de moitos anos, séculos, lustros, milenios...

Hoxe fai anos da súa aparición no mundo e só me queda dicir FELICIDADES!


María
.
[Para ti, loira D'Arriba]

sábado, 7 de mayo de 2011

Consellos...

... esas pequenas palabras, que con grandes ideas, nos din de cando en vez.

Nunca sabemos moi ben como collelos, nin se terán razón. Outras veces vémoslles o significado tempo despois de necesitalo.
Moitas veces só se deben dar cando no-los piden ou si deles depende a vida. Outras é mellor que os gardemos para nós...

Hai tempo déronme un: "vai creando unha boa biblioteca, e garda unha estantería para diccionarios".

Día tras día teño quen me recorde a importancia dun bo diccionario a man (en papel ou virtual).

E ainda que sen saber moi ben por que, fun enchendo a estantería de libros: lectura, divulgación, temas especializados...e diccionarios!
Hoxe entendín o valor que teñen, o poder que me dan e o uso que lles podo dar!

2010 foi o ano da lectura.
2011, que non nos faga perder ese hábito...

María
.

domingo, 1 de mayo de 2011

Compartir é vivir...

Esta vez, só poño iso...

Only when the last tree has died
and the last river been poisoned
and the last fish been caught
will we realise we cannot eat money


...Cree Indian Proverb

Seguidores