domingo, 24 de enero de 2016

Regresa o Carnaval! Temporada 2016

 
Pasado o Nadal o Entroido chama á porta!
 
Chegan os Carnavales do 2016 e en Reis damos o pistoletazo de saída a tan animada festa na fin de semana do 30 e 31 de Xaneiro!
 
 
 Os ensaios xa deron comezo días atrás, as carrozas xa se construen en cobertizos tentando non deixarse ver, as ideas xa se esbozan nas casas dos veciños e miranse uns a outros con sorriso que di "de que irán?"
Tararéanse cancións con letras insospeitables que se descubrirán no día axeitado...
Nótase, está no ambiente, chega o Carnaval...

 


Estades todos convidados!!!

María V. Rey
.

sábado, 23 de enero de 2016

domingo, 10 de enero de 2016

E se chove?


-          E se chove… Chegaranos un paraugas?

-          Se chove… Sóbranos. De feito prefiro que chova e poder agarrarte contra min para que non te molles, e senon… Mollámonos! Así terei máis ganas aínda de chegar á casa e poñerche a roupa a secar.

Non dixeron máis, miráronse e sorriron pícaramente…



María V. Rey
.

miércoles, 6 de enero de 2016

Agasallos

"Chegaron os Reis Magos, pero por máis agasallos que abro en ningún estás ti..."

María V. Rey
.


"Ano tras ano sigo mantendo a ilusión de que baixo a árbore de Nadal, os Reis Magos me deixen un agasallo no que atoparte..."

María V. Rey
.



"E devolveulle a ilusión que perdera facía uns anos. E curiosamente non polo que lle regalaba, senón pola ilusión que ambos sentían mutuamente cos detalles que se tiñan."

María V. Rey
.


@Maria_Vazquez_R

martes, 5 de enero de 2016

Conto de Nadal // Cuento de Navidad

Era un conto de Nadal, pero decatouse que ela este ano non tiña Nadal e todo quedou só nun conto...

------------
Era un cuento de Navidad, pero se encontró con que ella estr año no tenía Navidad y todo se quedo solo en un cuento...


María V. Rey
.

viernes, 1 de enero de 2016

Traspasando o 2015...


2015...rematou. Non sei si vos decatastes. Un ano cando menos curioso e con moitas variedades.
Toca ver resumidamente o ano na memoria para ver si se cumpliron obxetivos, os propósitos e si podemos marcar uns novos para o ano que entra.
Hai uns días falaba cunha amiga sobre como se viu o 2015 e dixo "xa me farás un resumo". Aquí está algo parecido.
 
Sen dúbida unha das cousas que máis marcaron o meu 2015 foron as vacacións. Antes delas traballei dando todo o que podía e en moitos campos, e cando as collín, disfruteinas. Alguén a quen quero moito díxome "agora disfruta e pasa de inconvenientes". Rin, desconectei, conocín, vivín e aprendín. Porque creo que a xente cada vez vive menos. Duramos máis anos, pero vivimos menos a pesar de ter sempre na boca o "carpe diem". Pois tras as vacacións cambien por completo o chip e recarguei a batería. Non sei canto aguantará, pero sen dúbida déronme alas, motivación, ilusión, e asegúrovos que iso é do máis importante que precisa unha persoa.

"CUANDO ALGUIEN TE HACE MEJOR PERSONA, SABES QUE ESA PERSONA DEBE ESTAR EN TU VIDA."

...e existen, existen esas persoas na miña vida, si xa o sabía, este ano acabei de confirmalo porque foron elas quen me recarcargaron en cada momento.
 
Son esas persoas nas que pensas, e pensas no que che fixeron vivir ao teu lado, e emocionaste. Esas persoas que merecen a pena, e confirmar que existen na vida de unha fan sentir felicidade.
Tamén confirmei que si o que tes con alguén é de verdade, non é mito eso de de que a distancia non mata senón que parece que non existe e o tempo non pasa. Pero por outro lado o impulso a decidirme a plantar cara a determinados temas e persoas tamén me fixo darme conta que non preciso ao meu lado xente que non queira estar por decisión propia. Non necesito ao meu lado a alguén a quen teña que pedirlle que se quede senon que permaneza aquí porque lle nace.
 
Sigo pensando que me gusta o meu traballo, que disfruto facendo o que fago e que seguirei intentando medrar con aquelo que me da satisfacción porque é certo que a felicidade non está en facer o que amas, senón en amar o que fas.
Conseguín cumplir obxetivos do 2015, un deses dos que che costa traballo, pero que desa forma che dan maior satisfacción, un deles mercar o meu propio coche. Parece unha tontería, pero é un gran paso.
O 2015 foi un ano de aprender a adaptarse á falta dalgunhas persoas, a perder a outras polo camiño... De deixar pasar e asentar a outras que non suplen, pero que complementan a túa vida.
Un ano de cambios, de comezar ataduras das que ainda non sabes como poden acabar e das que non pensabas que acabarías probando, pero que sempre cara adiante!
E sí, o 2015 foi un ano para embarcarse en aventuras, para xerar ideas e madurar outras que serán propósito do 2016. Como dixen en ocasións...un ano de transición, e agora chega o momento do traspaso. De dar comezo a un novo ano no que intentar facer realidade esas ideas maduradas.

Así que sen moito máis que dicir deixo unhas frases que para comezar a reflexionar penso que están ben...

"Sólo imagina lo precioso que puede ser arriesgarse y que todo salga bien." Mario Benedetti

"Arriésgate. No te quedes con las ganas de saber qué pasaría, lánzate, vie, atrévete, que si de los éxitos se disfruta de los errores se aprende."

"La vida es corta; sonríele a quién llora, ignora a quien te critica, y sé feliz con quien te importa."

"Algunos persiguen la felicidad... Otros la crean".

A por un gran 2016 cheo de boas experiencias.

María V. Rey
.

 

Seguidores