Mércores, 24 de Decembro do 2014.
Pola noite cea típica de Nadal para celebrar, sempre que se poida, en familia. Pero mentras a hora da cea non chega...é un día máis de traballo, ou pode que non sexa un día máis...
Moitos dos "meus" residentes non se decatan de en que datas estamos, cousas da memoria maioritariamente, pero noutros casos son plenamente conscientes e tamén lles gusta facer algo diferente para diferenciar este día do que foi o anterior.
Unha das moitas e diversas funcións do Departamento Psicosocial é a de manter estimuladas as mentes dos residentes, levantarlles o ánimo, mantelos motivados. Darlle ritmillo, sorpresas, momentos e recordos diferentes e especiais á súa vida na residencia, como poderían ter na súa casa. E ainda que este ano moitos residentes da Residencia Puentevea (da que son psicóloga) foron á casa coa familia, outros quedaron coa segunda familia. E si estas son datas especiais, nós intentamos darlles unha alegría e pasar unha tarde de festa previa á cea de noiteboa.
Hai que pensar que poden esquecerse dos nomes, de acontecementos... Pero nós non podemos esquecer que seguen tendo sentimentos, manifestando emocións. Que non recordarán o suceso de hoxe no mañá, pero que vivirán o presente coma nunca.
Foto de Residencia Puentevea |
E si ademais de alegralos, se consegue a implicación de todos os profesionais presentes no turno para intentar animar a vida de quen ás veces cree que non lle queda máis que vivir... o traballo está feito, e merece a pena...