...non moi xusta porque tamén é mala sorte que nos últimos minutos a defensa do equipo local non dese mantido a liña que en ocasións anteriores provocou o fóra de xogo por parte do Cacheiras dando por válido o gol que lles deu a victoria aos visitantes.
Non moi xusta porque tamén é algo de mala sorte que che anulen dous goles. Un deles, á vista da que vos escribe, moi inxusto, xa que veu precedido dunha falta que o árbitro tardou en sinalar. O xogo seguiuse e cando o balón xa entrara na rede sonou o silbato... Non sei si a tardanza foi debida a que o colexiado non esperaba que fose gol, se non atopaba o pito... Non sei, o caso é que se deixaches seguir o xogo e foi gol...non pites a falta media hora despois porque ata lle deu tempo a celebralo!!!
Polo demáis, nesta soleada tarde de domingo na que por fin puiden volver disfrutar dun partido do Praíña na casa, vin un equipo bastante sólido e merecedor da praza que ocupa. Un equipo que se gaña o posto de ascenso nesta nova categoría e que de seguro chegará lonxe.
Algúns contrarios creerán que son moito mellores porque chegado un momento, o encontro que se mantivo a ceros na primeira parte, chegou a ter maioría de xogadores por parte do Praíña ó ser expulsado un xogador do Cacheiras e nin así gañaron.
Outros que din ser siareiros do local tamén llo botarán en cara, para que enganarnos, as persoas somos así.
Pero o certo é que o equipo sufría moitas baixas e ainda así demostrou facer fronte no campo e o xogo estivo bonito en moitas ocasións.
A seguir traballando porque se verán as recompensas!! E como di un dos xogadores..."va, va, va!!"
María
.