"FELIZ. Polo tempo vivido, polo que ainda me queda por
vivir. Polos encontros inesperados e polos encontros programados. Polas risas
entre amig@s. Polos actos desinteresados de outras persoas e máis ainda polos
que fago e conseguen esbozar sorrisos nos demáis, porque a miña felicidade está
na felicidade e benestar do meu entorno. Polas idas de olla en conxunto. Polas
miradas cómplices, polas pícaras, polas comprensivas... Por sentirme querida na
cercanía e na distancia, porque significa que a túa persoa forma parte dos
recordos e pensamentos dos demáis. FELIZ. Pola compañía do día a día e pola que
se presta de cando en vez. Polo traballo, sobre todo polo ben feito, ou por
aquel no que sabes que cada un aporta o máximo de sí para lograr que sexa
"ben feito". Pol@s amig@s e a familia, porque sen eles posiblemente
nada fose igual. Por verbas que digan "boas noites, descansa", ou as que din "bos días". Por cando
sabes que "estás tontita" e ainda así che gusta que cariñosamente cho digan. Porque existe xente
capaz de decir "que pasa? Estás rar@" sen tan sequera verche a cara,
e máis ainda cando intentan que deixes de estalo. FELIZ. Porque a vida sempre
pode ser peor e se miras ao redor atopas "un algo" que che recorda que
o vaso sempre está cheo (metade líquido, metade gaseoso). No fondo, FELIZ por
cada unha das cousas que pasan no que chamamos a "nosa vida", porque
sen as malas non apreciamos as boas, e sexan unhas ou sexan outras, avanzamos,
e iso implica vivir. FELIZ, simplemente FELIZ. A felicidade eterna e continua
non existe. Nada é continuo... A felicidade está en cada pequeno momento que
nos fai vibrar de emoción, que nos fai rir, que nos fai chorar, saltar, actuar
en prol dos demáis, dar cariño, amor. En cada un deses momentos. Igual que deixamos que o cerebro faga un todo
da percepción que entra polos sentidos, fagamos que una cada un deses pequenos
momentos para crear a nosa FELICIDADE. Ainda que semelle complicado, non penses
no que non tes para ser FELIZ senón non poderás ver todo o FELIZ que es."
María
.