Móstranse pequenas verbas que a miña mente crea tras a reflexión e a visita da inspiración...así como algún evento de interese ou artigo de opinión. Se muestran palabras y pequeños relatos que mi mente crea tras la reflexión o la visita de la inspiración...así como algún evento de interés o artículo de opinión. - María Vázquez Rey -
Datos personales
sábado, 13 de agosto de 2011
Historias sen final (IV)
Despois de atender o teléfono quedara indiferente a todo. Parecía que a cousa non ía con ela, pero de pronto, como si se decatase de algo, incorporouse. Ficou sentada no borde da cama. Semellaba en estado de shock, inmóbil, sen fala, mirada perdida...
Sen máis, rompeu a chorar coma nunca antes o fixera. Non atendía a nada do que lle dixeras.
Os choros cortaban a súa respiración e o aire entraba con dificultade nos seus pulmóns.
De seguido chegaron os demáis e ficaron quedos, sorprendidos, xunto á porta.
Agora ría entre as bágoas, xa non sabías como interpretala.
Levantouse e camiñou en círculos polo cuarto.
Cando volveu sentarse, e ante a imposibilidade de que atendese a conversa algunha, decidín, simplemente, sentarme ao seu carón e collerlle a man.
Nunca, dende que a coñezo, a vira así.
María
.
domingo, 7 de agosto de 2011
07/08/1995.-Olaia Vázquez Rey
Si anteriormente era Santa Marta, hoxe é o aniversario de Oli!!
Na volta ó cole do curso 95-96 coincidía co meu compañeiro Rubén Quiñoy, en que a nosa gran noticia de vacacións era que tiñamos un membro máis na familia.
Dende un luns, 7 de agosto do 95, non deixas de sorprenderme. E xa van 16 anos!

Secadra son breve, pero o que sinto é moito máis inmenso.
Dende que chegaches a miña vida cambiou moito, e sen ti nela non sería para nada o mesmo. Espero que sigas sendo tan loitadora, Olaia. Non te abrandes ante nada e loita polo que queres, sempre recordando dúas cousas: con sentido e escoita.
Hoxe, simplemente, PARABÉNS!!
María
.
viernes, 29 de julio de 2011
Grandes ollos verdes
Hai tempo que tiña que ter feita esta entrada, porque realmente sinto dentro de min moitas cousas e sentimentos que comunicar a este ser que leva ó meu carón case 21 anos, e 21 anos son moitos!! Ainda que non chegues nin ás vodas de prata, xa pasas de 2 décadas!
Grandes Ollos verdes naceu un 16 de outubro, na década dos 90.
Eu, con apenas 4 anos, non tiña nin a máis mínima idea do que iso podería supoñer na miña vida. A partir dese momento deixas de ser "única" para dicir "miña irmá..."
Cos escasos recordos desa etapa vital, só teño claro que sempre acollín a túa chegada con entusiasmo e felicidade, que se abreu un mundo ante min ao poder compartir contigo tantas cousas. Que tantas cousas, TODO!!
A día de hoxe sigo tendo ao meu lado unha rapaza sen a cal a miña vida non sería o mesmo. Es esa cadea que te ata á realidade e que tantas veces é necesaria para non perderse.
Grandes Ollos Verdes sempre foi distinguida por ese rasgo que lle "da nome". Sempre se recorda polos seus ollos, grandes, verdes, hipnotizadores, segundo a canción traidores, pero eu non o creo así.
Grandes Ollos Verdes xera envidias alí por onde pasa, pero ela pasa por elas como auga de rosas.
Cabréasme. Si, cabréasme, que lle imos facer, sobre todo nesas disputas de besugos, sen sentido ningún porque se sabe que eu teño a razón. Cabréasme.
Pero logo hai outra parte de ti. Esa de realidade que se precisa. Esa parte auténtica que tes, única e orixinal. Esa parte simpática, ese "espera, que me parto/mondo" "chorba", "espera, a ver, no". Es clara e directa e iso pouca xente se atreve a selo. Tes ideas propias e aparentas segura do que pensas. Iso é ter personalidade e hoxe en día escasea. Non te deixas levar por modas ou o que dirán, ainda que sexas presumida e che guste quedar ben en cada lugar. Atopar un equilibrio así é realmente complicado, e alábote por iso.
Admiro de ti o bo gusto. Porque si, tes bo gusto, en moitos aspectos da vida!
Ainda que non o pareza es "interesante". Interesante como persoa, interesada polos demáis. Interesada no saber.
Secadra é demasiado pausada, tranquila, pero iso é relativo. Dise que as procesións van por dentro, e no teu caso, eu sei que van por dentro. E sei que esas son as que máis duran, as que máis doen, as que máis tardan en esquecerse. Das que máis coidado hai que ter.
Bueno, i tamén tes un punto desquiciante co "i", pero ímolo deixar para unha tese lingüísta...
Nunca olvidarei de ti aquel día no que reuniches o valor de pedir axuda, e do orgullo que para min supuxo que pensaras en min, pois sempre que o precises estarei. E ainda que todos digan que aparentas fortaleza e semellas fría, eu sei que os grandes piares tamén caen algunha vez e que o teu corazón e tan grande como a grandeza dos teus ollos. Que o darás todo por quen o dou por ti. Que loitarás pola familia (léase con voz de "el padrino") coma ninguén.
Eu sei que a miña vida sen ti, sería triste. Non atopo as palabras coas que decirche que te quero tanto como a miña vida, que realmente é moi importante para min a túa presenza, non só física, senón na miña vida ainda que cada un precise o seu espazo persoal.
Grandes Ollos Verdes só ten un problema, as preocupacións. Esas ten que deixalas marchar, voar co vento, atopar o seu recunchiño e disfrutar del.
Grandes Ollos Verdes será grande, só ten que deixarse ver, para min, xa é do máis grande!
29 de Xullo, Santa Marta
María
.
jueves, 21 de julio de 2011
Historias sen final (III)
Ante eles un fermoso solpor e as vistas da cidade que os unira.
- Que bonito!-dixo ela.
- Si, un bo remate.
- Remate?!-preguntou ela sorprendida ó mesmo tempo que se xirou cara el quedando apoiada de costas á varanda.
- Penso que si.
- Pois eu non quixera que este fose o remate. Por que queres que o sexa?
- Non é que o queira, pero teño medo que de seguir, se estropee o que temos, do que estamos disfrutando. Destes agradables momentos.
- Pois eu estou convencida de que non se vai estropear nada.-dixo ela seriamente.
- Que pasa se non funciona? Como seguimos o día a día?
Ela soltou a varanda e camiñando cara el respondeu:
- Non teñas medo diso e fai o favor de bicarme.
María
.
martes, 19 de julio de 2011
CURSO DE VERÁN DA USC: participación nunha mesa redonda!!
Este mércores día 20, na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida de Santiago, lévarase a cabo un dos cursos de verán que oferta a USC. Nel terá representación ESF mediante a participación da voluntaria María Vázquez (coordinadora do grupo SensiCom Compos)nunha mesa redonda.
CURSO DE VERÁN DA USC
"O compromiso social da xuventude. Participación e aprendizaxe-servizo"
MESA REDONDA:
"Aprendizaxe-servizo na universidade: innovación e boas prácticas"
Intervención nunha mesa redonda sobre as experiencias da participación do voluntariado, sobretodo no eido universitario.
"A miña intervención consistirá en explicar a función de ESF en relación ao tema da mesa, como implicamos aos voluntarios (sobretodo universitarios) e que sentido ten iso na súa formación profesional e persoal".
Nova posta no xornal web da USC:
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2011_07/noticia_0075.html
Pode ser unha formación interesante, polo que todos aqueles que esteades por Santiago ou poidades achegarvos ata a Facultade de CC da Educación (ao lado de Psicoloxía, un pouco máis arriba da ETSE) non dubidedes en facelo. Dita intervención terá lugar ás 18.00h na aula Sarmiento.
sábado, 16 de julio de 2011
Belfast 2011 (Belfast 2007)
Pequena entrada na pestana de "De un lado para outro"
http://mariavazquezrey.blogspot.com/p/de-un-lado-para-outro.html
viernes, 15 de julio de 2011
MÁIS FESTA EN REIS!!
FESTA NA HONRA Á VIRXE DO CARME
DOMINGO 17
Misa cantada polo coro PARROQUIAL SAN CRISTOVO DE REIS ás 13.00h
sesión vermouth a cargo da ORQUESTA TROLE
e pola noite... orquestras:
TROLE E... ACHÉ!!!!!
Xa vos dixemos que estabamos mirando algunha actuación máis!!
A ORQUESTRA ACHÉ ESTÁ EN REIS!!!
Vinde, nunca se sabe das sorpresas que pode dar unha noite así!!
esperámosvos!!
Comisión de festas 2011
viernes, 8 de julio de 2011
FESTAS SAN CRISTOVO DE REIS XULLO 2011
Esta entrada é para patrocinar as festas da miña terra!
Chegou o mes de Xullo e con el as festas, tamén á parroquia de Reis, no concello de Teo. Ó ladiño de Santiago!
O cartel é o seguinte:
9 de xullo Festa na honrra ó SANTÍSIMO SACRAMENTO
Misa solemne ás 13.00h e sesión vermouth a cargo da orquestra GARIBALDI.
Verbena a cargo de...
Orquestra PHILADELPHIA e GARIBALDI
10 de xullo na honra a SAN CRISTOVO.
Misa rezada ás 9.00h e solemne ás 13.00h misada no campo da festa para a posterior bendición de coches. Cantada polo CORO PARROQUIAL DE SAN CRISTOBAL DE REIS.
Concerto no campo da festa da BANDA CULTURAL DE TEO 14.00h. FANIA BLANCO SHOW
17 de xullo na honra á VIRXE DO CARME.
Misa solemne ás 13.00h
Entre as 18.00 e as 21.00h haberá xogos para os nenos.
Sesión vermouth e gran verbena a cargo da ORQUESTRA TROLE
(posibilidade de que haxa outra actuación a maiores)
NON AS PERDADES, nunca se saben as sorpresas que se poden dar!
ESPERÁMOSVOS!
Eu estarei seguro!
martes, 5 de julio de 2011
Historias sen final (II)
Os dous estaban xa na estación. De fondo a xente pasaba de un lado a outro e o son da maquinaria resoaba no ar.
Alí, no medio e medio, eles os dous, un frente ó outro. Sen dicirse nada. Mirándose aos ollos.
Ela tiña que marchar.
Sen deixar de miralo alzou as mans e acariciou as súas meixelas. Acercándose a el acabou dándolle unha forte aperta e susurrou no seu oído:
"Só unha aperta, pra sentirte todo, porque si fago o que estou desexando sei que mañá tamén o había querer."
Soltouno e entrou no vagón...
María
.
lunes, 27 de junio de 2011
"Tranquila"
Esa é a palabra.
A palabra que resoa dentro da miña cabeza porque non deixo de repetirma a min mesma. A palabra que os demáis non deixan de repetirme.
Pero por máis que se repite non sei si funcionará.
A maior parte das veces saen de min esas palabras tranquilizadoras, pero esta vez non teño a quen tranquilizar...ou si?
A min.
Tentareino, ainda sabendo que é posible que pensamentos intrusivos se apoderen da miña mente cando non deban, que botalos fóra será complicado e que controlar a respiración e marcar un ritmo cardíaco axeitado non será tarefa doada. Máis si, tentareino. Porque máis vale perder unha batalla na loita polas nosas ilusións, que perder sen saber sequera por qué se está loitando.
Así que simplemente, tranquila, algún día sairá, e quen sabe si ese día chegou...
María
.
viernes, 17 de junio de 2011
Duras realidades
Porque si no lo necesitas no tiene una razón para vivir. Los demás son el motor para llevar a cabo su conducta, y ha olvidado la verdadera razón de por qué hace lo que hace.
Es entonces, cuando te planteas seguir o no la convivencia con esa persona. Pero... y si esa persona eres tú mismo?
[...y si un histriónico tiene personalidad múltiple?]
María
.
jueves, 9 de junio de 2011
Tan só iso
Alguén que a fixese sentir ben, con quen puidese falar sen medo de calquera tema que rondase a súa cabeza.
Alguén a quen contarlle as penas e preocupacións e de quen escoitalas, e alguén con quen disfrutar das boas novas.
Alguén que a fixese sentir protexida e comprendida. Que a esperase e a acompañase no camiño da vida sendo o sentimento algo mutuo.
Alguén que quixese compartir con ela toda a súa vida.
Tan só precisaba iso.
María
.
martes, 7 de junio de 2011
Sensacións
É capaz de conseguir que recorra polo meu corpo todo un escalofrío. Despois, a calma.
Sería capaz de estar así ata a eternidade.
Sentir como me toca fai que o meu estómago se encolla e o corazón palpite tan rápido provocando que o peito se mova coma un tambor africano.
É capaz de conseguir iso só con collerme da man.
Que sensación tan rara.
María
.
jueves, 26 de mayo de 2011
A Asociación Recreativa e cultural de Os Tilos
A última idea que está a levar a cabo é a posta dun mercadillo na praza do Toural en Santiago de Compostela (evento que xa compartín no meu facebook onte).
Hoxe acerqueime ata alí:
María
.
miércoles, 11 de mayo de 2011
Parabéns a unha loira.-11/5/1990
Ó cabo duns anos esa loira viaxou de Suíza ata o Reino de Xermeade coa intención de quedar a vivir nel. Sen deixar pasar moito tempo, fíxose co poder de Xermeade D'Arriba.
A pesar da súa aparente distancia coa sociedade, xa dende a súa chegada entablou boa amizade coa emperadora Tukísima que reside en Xermeade D'Abaixo, comezando así unha liña de diálogo e relación que atravesaba o reino.
Hai quen di que esta estrana muller loira vida de fóra, vén en realidade de moito máis aló do universo e dan en chamala "Jedi". Algún outro atrévese a dicir que procede dunha saga vampiresca e posúe máxicos poderes...
Eu a verdade non sei si estes rumores son certos ou non, pero dende a súa chegada, e as relacións entabladas, fóronse sucedendo no reino alianzas que desenvocaron en reunións, festas, ceas, obradoiros de cociña, competicións deportivas...
Sexa con axuda máxica ou non, a unión creada, esperemos que se manteña ó longo de moitos anos, séculos, lustros, milenios...
Hoxe fai anos da súa aparición no mundo e só me queda dicir FELICIDADES!
María
.
[Para ti, loira D'Arriba]
sábado, 7 de mayo de 2011
Consellos...
Nunca sabemos moi ben como collelos, nin se terán razón. Outras veces vémoslles o significado tempo despois de necesitalo.
Moitas veces só se deben dar cando no-los piden ou si deles depende a vida. Outras é mellor que os gardemos para nós...
Hai tempo déronme un: "vai creando unha boa biblioteca, e garda unha estantería para diccionarios".
Día tras día teño quen me recorde a importancia dun bo diccionario a man (en papel ou virtual).
E ainda que sen saber moi ben por que, fun enchendo a estantería de libros: lectura, divulgación, temas especializados...e diccionarios!
Hoxe entendín o valor que teñen, o poder que me dan e o uso que lles podo dar!
2010 foi o ano da lectura.
2011, que non nos faga perder ese hábito...
María
.
domingo, 1 de mayo de 2011
Compartir é vivir...
Only when the last tree has died
and the last river been poisoned
and the last fish been caught
will we realise we cannot eat money
...Cree Indian Proverb
martes, 26 de abril de 2011
Historias sen final (I)
- Certo.
- Compartimos experiencias, paixóns, aficcións, ideas. Comprendemos un a vida do outro incluso coa diferenza de opinión nalgúns temas.
Non teríamos problemas os sábados e domingos, non habería discusión para decidir onde ir porque estando un co outro sabemos que nos serviría calquer rincón do mundo.
- Certo.
- Si te miro, e ti me miras a min, e os dous nos entendemos, incluso en realidades paralelas!! por que non damos completado a nosa historia?
- Porque os dous sabemos que semella algo imposible...
María
.
sábado, 23 de abril de 2011
Día internacional do libro
En moitas cidades do mundo se celebra hoxe de maneira especial este día: fanse nas prazas xuntanzas de libreiros, cada un no seu stand e promocionan a lectura e a venda de libros. Ademáis de diferentes actividades culturais relacionadas coa lectura.
Na maioría delas esta celebración dura toda unha semana.
Nas cidades galegas tamén se leva a cabo. En Santiago podemos atopala na Alameda.
A capital mundial do libro foi Madrid dende que no 2001 o propuxo a UNESCO. A partir de aí cada ano realiza esa honra un país diferente. A partir deste 2011 será Buenos Aires a anfitriona.
A razón de que se elixira este día como tal foi a coincidencia do falecemento de autores como Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega na mesma data no ano 1616.
Máis información: http://es.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Internacional_del_Libro
sábado, 9 de abril de 2011
Sentir
Sentir que todo se desvanece...
Sentir que o mundo cae...
Sentir que hai moita xente, pero ti estás só...
Sentir que perdiches o rumbo e nada te satisface...
Sentir que perdiches a alguén e tardarás en recuperar ese vacío...
Sentir...
María
.
lunes, 28 de marzo de 2011
Ata o último amencer
- Que?
Fixo unha pausa.
- Tan só unha cousa.
Volveu quedar mudo, mirándoa. Ata que ela se virou para velo, e así, mentras se miraban, respondeu:
- Estar ó teu carón ata o momento do último amencer.
María
.
viernes, 25 de marzo de 2011
Logros
María
.
jueves, 17 de marzo de 2011
Entre tanto malestar psicolóxico...
Cada vez máis escoitamos na sociedade frases como "non estou ben anímicamente" "é un problema psicolóxico"...
Afastándoem da psicoloxía popular direi que hai grados de alteración mental que non implican ausencia de saúde mental, polo que a psicopatoloxía non é un concepto oposto ao de saúde mental.
A Normalidade non é sinónimo de vivir optimamente.
Saúde, é un estado de benestar físico, mental e social e non só ausencia de trastorno mental (OMS).
Existen 6 variables que definen o estado de benestar:
Actitudes positivas cara un mesmo.
Percepción correcta da realidade.
Autonomía.
Competencia e axuste das demandas do medio.
Relacións interpersonais positivas.
Desenvolvemento e crecemento do potencial persoal.
[Rosehan e Seligman]
Trátase dunha variable continua, cantas máis variables, maior benestar.
Polo tanto, saúde e benestar son producto da interacción complexa entre factores biolóxicos, psicolóxicos e sociais.
Todo conta, pensádeo.
domingo, 13 de marzo de 2011
Sentiches tremer a Terra??
Estás tan tranquil@ na túa casa, lugar no que crees estar seguro. De repente un ruído acompañado dun forte tremor irrumpe a túa tranquilidade.
"Que foi iso?"
"Un trono?"
"Non, creo que foi un tremor"
Quedas anodadado, pero sí, foi un tremor, confírmase a nova. Parece que a "onda expansiva" do Xapón chegou a Galicia...
Cando a Terra se volve contra os seus habitantes, estamos todos no mesmo saco, non hai norte nin sur, nin ricos nin pobres, simplemente indefensas persoas ante o poder da natureza; e xa sabemos todos, que esto é un ciclo, e que acabaremos pasando por onde outros xa pasaron. Non somos invencibles, nin inmortais... Os dinosaurios tamén eran grandes, moitos, e feroces, máis onde están agora?
Aquí deixo unha nova do Correo Galego, que non fai referencia a Teo, pero que pode ser semellante ao que nós sentimos nas nosas casas:
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/registra-un-pequeno-temblor-epicentro-trazo/idEdicion-2011-03-13/idN
lunes, 7 de marzo de 2011
Apareces e desapareces
Pouco a pouco, sendo como ti es, faste notar.
Ofreces boas palabras, cariño e comprensión.
Chegas despaciño, creando dependencia.
Pouco a pouco convírteste nunha porta indispensable pola cal se pode saír a respirar.
Ofreces confianza...
Pensaches no que pasa si agora te vas?
María
.