domingo, 7 de diciembre de 2014

Sp. C. Praíña 2 - 3 Cacheiras: unha xornada "in crescendo"

In crescendo en varios e diferentes aspectos...

     Despois dun tempo sen poder ir ver ao meu equipo ao campo, tiña marcado o encontro de hoxe na axenda e gardadas as horas para estar no campo aguantando fixese o tempo que fixese.
E despois de un tempo sen escribir entradas deportivas hoxe fun ao campo con ilusión, decidida a apoiar ao meu equipo e coa idea clara de logo escribir sobre o encontro como xa fixera en anteriores ocasións.
    A cousa comezou...pois como comezan todos os partidos...sacando do medio e a por todas dende cada lado do campo. Pero a situación mudou para o Praíña e o Cacheiras adiantouse.
    A verdade...ainda que non queda moi ben dicilo...o árbitro estaba deixando moito que desexar e botei en falta a Teresa Filloy, á cal poderedes recordar de outros partidos semellantes apoiando ao Praíña!
    O que tampouco vai quedar ben decir, poden ser as críticas que faga cara o meu equipo, pero as verdades hai que decilas...e pretendendo sempre que se tomen como algo constructivo. Ainda que todo empezou como comezan todos os partidos, non todo foi igual e abreuse una brecha no campo, entre os xogadores, entre os técnico-futbolistas, e ata a aficción non brillaba como debía (entre a cal me inclúo). Por momentos parecían non entenderse, cousas normais a verdade, pero que iso non sexa o motivo de que un partido non engraxe, porque pode arrastrar a outro, e a outro...e o Praíña é un equipo, un clube con moita historia, con moito esforzo... E pouco a pouco ese esforzo vaise vendo recompensado. Adícaslle moito tempo ao equipo e hai que saber disfrutar ese tempo, facer equipo e marcar goles.
     A pesar de todo, a intensidade ía medrando. O Cacheiras logrou marcar tres goles, pero o Praíña recortou distancias cos goles do número 9, que para iso temos un 9, e tamén do número 4. Teño que dicir que se puido empatar xa que como menciono, o equipo foi in crescendo, pero a sorte non acompañou e o 7 non estivo nada atinado. Ainda así, a medida que pasaban os minutos a calidade era mellor, as forzas non disminuían, aumentaban os goles e a esperanza dos afecionados ía a máis.
 

  Gustaríame resaltar o traballo da defensa, que supoño que pode estar mellor, pero que soubo facer varias xogadas moi boas que evitaron una derrota peor. As carreiras das bandas, que eran impresionantes. Pero sen dúbida o meu 10 vai para os nosos "hooligans" a pé de portería rival dando todo!!


 
     Algo fallou, e perdimos, terán que analízalo os xogadores e o adestrador, que creo que non estivo moi acertado...pero as lamentacións non poden ocupar lugar. Análise e a preparar o seguinte partido, que ainda vos queda moito que demostrarlle a esta afición. Agora só queda pensar no próximo domingo fronte o Carcacía, partido que tamén irei ver e ante o cal espero que poidamos sacar puntos xa que irei con acompañante rival e o vacile pode ser tremendo...
     Ata aquí a opinión dunha que estaba sentada nas gradas co número 225 de socia!
Ánimo Praíña que queda moito!!!

María
.



domingo, 5 de octubre de 2014

"Una experiencia entre la ortodoncia y eso de lo craneosacral"

"Muchas  veces, en determinados momentos de la vida, uno se pone tenso y eso hace que tus músculos sientan esa tensión y te impidan llevar el día a día con normalidad. Y es entonces cuando das el paso: buscas un fisioterapeuta.
Pero en este caso no puedo hablar de un fisioterapeuta normal. La primera vez que acudí a la Albeitaría, por cuestión de un esguince, descubrí algo nuevo. Si, vale, tienes un esguince, el fisioterapeuta hace su masaje reglamentario, pero además de sentir como cada trocito de tu músculo parece descomponerse en millones de cristales que se están clavando, se me planteó la idea de "recibir"...TERAPIA CRANEOSACRAL.
- Terapia craneo...que?
- Craneosacral.
Bien. Llegados a este punto no tienes ni idea de lo que van a hacerte, peeero... por qué no probar?
Así no muy técnicamente, pero sí formalmente, la terapia craneosacral sería algo como una pulsación en tu cuerpo, parecida a la del rítmo caríaco, pero a su vez diferente. Diferente porque va ligada de forma sutil a tu respiración, entonces necesitas regular tu ritmo respiratorio para que ese ritmo se regule y tu sistema se reorganice desapareciendo así el dolor.
Al sintonizar interiormente con nosotros mismos logramos despejar preocupaciones y al liberar preocupaciones vas liberando tensiones. Y ¿qué pasa al liberar tensiones? Que también se libera la energía que se utilizaba para mantener la contracción.
¿Qué sensación produce? Puede que no todos sintamos exactamente lo mismo, pero hay que encontrar la forma de sentir tu propio cuerpo. La manera más sencilla de explicarlo creo que es decir que me sentía como Lisa Simpson cuando acude con Homer a la tienda de productos naturales, que para los que no lo hayan visto o no recuerden, es lo que se aprecia en la siguiente imagen:
Mi verdadera experiencia con "eso de lo craneosacral" lo descubrí al acudir a la terapia tras ponerme la ortodoncia y la presentación sería algo así:
Mujer.
26 años.
Acude al dentista para colocarse ortodoncia.
Acude al fisioterapeuta para recolocarse los músculos faciales.
En mi caso, la dentadura se movió muy de prisa y eso creó más "movimientos colaterales". El desplazamiento de la mandíbula.
La tensión que se realizaba con el desplazamiento comenzó a hacerse evidente por casi cada músculo de mi cara. Notaba tensión mandibular cada mañana y sobre todo al final del día. Algo apretaba continuamente mi mandíbula llegando a los oídos y bajando por el cuello. Tenía, a cada rato, la sensación de girar y estirar el cuello incluso hasta que sintiese como crujían mis huesos.
En este sentido, la terapia craneosacral me ayudó muchísimo. Conseguía conectar conmigo misma, con mi cuerpo, con cada centro de dolor y que este se regulase.
Había momentos en los que el dolor parecía que se intensificaba durante la terapia, pero tras un "tú puedes aguantar, solo poquito más, María". Aguantabas, y esos nudos desaparecían sintiendo luego una relajación y alivio en el que querrías quedarte para siempre.
Momentos de sentir que flotabas, que todo daba vueltas, pero valía la pena pues todas las molestias desaparecían.
Algo increíble.
Descubrí que se podían dar masajes en la boca, que "las encías pueden relajarse" y que existen músculos en mi boca que jamás diría que existen!
Comprobé que es totalmente cierto que cada parte de tu cuerpo está interrelacionado para formar ese todo y la importancia de que todo esté en equilibrio para poder sentirnos bien.
Y qué decir de los oídos... Sentir que estás en un vuelo con un mal piloto a la hora de aterrizar o que un mosquito está volando junto a tu oreja en todo momento es algo muy molesto. Y hacer que todo eso desaparezca con que una persona te toque (sabiendo muy bien donde y como tocar), esa "imposición de manos" de lo craneosacral y tu cuerpo aprende a reestructurarse para que lo que está fuera de lugar no luche con su nuevo espacio creaneo ese dolor o molestas sensaciones es algo brutalmente genial.
Y en lo más profundo de tu ego y tú relajados..."muy bien, se acabó la sesión. Déjate estar y levántate despacito".
Así que...¿Qué es eso de lo Craneosacral? Para mi, a día de hoy, es algo más que una terapia, es el equilibrio de mi cuerpo y mi mente con el sistema nervioso e inmunitario capaz de conseguir mi equilibrio general y mi bienestar.
¿Funciona? Si
¿Recomendable? Al menos probarlo. Supongo que como todo habrá gente a la que le cueste más o le cueste menos, pero...YO, como paciente de terapia craneosacral, como persona con ortodoncia y como profesional de la psicología...Sí lo recomiendo."
María Vázquez Rey
.


[Artículo escrito para o blogue da Albeitaría.]
http://albeitaria.com/una-experiencia-entre-la-ortodoncia-y-eso-del-craneosacral/

martes, 23 de septiembre de 2014

Un café para o resto da vida

Tomar un café era, simplemente, algo máis nun día rutinario, mais agora mudara de significado. Dun día pra outro, sen pensar. Desas sorpresas que non sabes que a vida che ten gardadas. Pois así, a hora de ir tomar o café non daba chegado, e mentras o tomaban o tempo parecía correr máis de présa, sen darlles tempo a compartir todo o que desexaban. Por este motivo comezaron a compartir máis momentos...

E agora chegara o momento de tomar a decisión. 
Ambos compartían a idea aínda que nunca a expresaran. Pero era evidente. 
Incluso sen palabras, os dous manifestaban os seus sentimentos mutuos en cada penetrante mirada, en cada sutil caricia, en cada amplo sorriso...

Os dous deron o paso e sen importar o que dirán ou a quen lle gustase, firmaron compartir a súa vida ata o último dos seus días.
Firmaron compartir, un café para o resto da vida...


María
.

[Adicado a Mary Ojea e Pedro no día da súa voda. 20/09/2014. Que sexades moi felices, que todos o merecemos.]


domingo, 21 de septiembre de 2014

Historias sen final VII

- Hoxe remata -dixo Adrián coa voz algo tristeira.
- Pero valeu a pena -contestou Anxo ao seu carón.
Estaban os seis sentados na area, mirando coma hipnotizados o vaivén das olas do mar.
Corría unha leve brisa e o sol xa comezaba a esconderse.
Ao día seguinte cada un deles volvería ao seu lugar de orixe, e a época de descanso chegaba á súa fin un ano máis. Sabían que ocorrería, levaba sucedendo así xa había unha década. Dende aquel campamento ao que acudiran con dez anos e no que entablaran tan boa amizade, decidiran seguir xuntándose cada verán para vivir novas aventuras. Ningún deles faltara nunca e no seu décimo aniversario decidiran esgotar ata o último raio de sol daquel verán.
- Valeu. Vémonos o ano que vén, non rapaces? -preguntou Xoel sabendo xa a resposta.
 - Iso nin o dubides -respondeu Alberto- Ainda nos quedan moitas festas que facer!
- Pois entón aquí xa acabamos por hoxe, imos tomar unhas cañas? -arrincou a dicir Tomás.
Ningún deles levou a contraria. Colleron os seus bártulos e marcharon entre risas cara "o bar de sempre".


María
.
*Foto cedida por J. M.

domingo, 22 de junio de 2014

MUNDIAL

Se animas a un equipo...hai que estar dispostos a que nalgún momento o noso equipo tamen perda...gustannos as alegrías, pero ó resto de equipos tamen lles gusta ganar...

Dende 1962 non se repite campeón nun campeonato do mundo.
Grandes seleccións coma Italia (2 veces), Francia e Brasil, xa sufriron o que lle acaba de pasar á seleccion española de fútbol (e detallo tanto porque foi neste deporte e non lle pasou nada novo a "España").

Ademáis era outro dos puntos a completar da "era 66". En 1966, a selección española, tamén quedou eliminada na primeira fase do mundial. Neste 2014 xa levamos completadas outras "historias" que hai exactamente 48 anos sucederon da mesma maneira...
1966: descenso do Betis, ascenso do Depor, o país gañador de Eurovisión, a liga do Atleti, a Champions do Madrid...

Hai que pensar que a motivación e a ambición é importante en todos os ámbitos e nunha medida exacta, pero en cuestión de deportes, e en temas de competitividade, pois pode que inflúan máis. Independentemente diso, hai que pensar que este equipo actualmente está formado por xogadores que veñen cansos dunha liga, que xa non son o equipo que empezou, porque hai xogadores que xa teñen mais anos e que o gañaron todo e xogadores que ainda comezan e están descubrindo como vai a cousa. E para os que falen do tema económico...necesiten ou non os cartos, demostrase que o diñeiro non o é todo porque podemos pensar que como non os necesitan...pero se non cobrasen a idea sería "total non gano nada..."

A cresta da ola vai subindo ata facerse cresta, pero ainda que a ola sexa grande e se manteña arriba un bo tempo, sempre acaba caendo para romper na orilla e deixar paso a outra ola...
Todo acaba sendo cíclico, todo...
 
María
.

lunes, 16 de junio de 2014

Y se cansó

Había nacido y su carrera había comenzado.
Quizás aparentaba fácil, pero iba a costar.  Si pensabas que iba a ser fácil... no.
Como todo camino, al comenzar no notas el esfuerzo, solo cuando ya has caminado unos kilómetros empiezas a notar en tus músculos el efecto de la resistencia, el esfuerzo.

Y se cansó.
Se cansó de insistir a ese chico que ni se esforzaba en mirarla. De la amiga del frecuente no porque siempre había algo más.
Se cansó de la familia que tenía las horas ocupadas o algo mejor que hacer que estar en familia. Del trabajo que nunca supo valorar el esfuerzo y dedicación.
Simplemente se cansó. Lo había intentado y ahora lo que tocaba era descansar...sin nadie, en soledad...


María
.

domingo, 15 de junio de 2014

Mensaxe dunha anciá... " día que me volvin invisible"

En esta casa no hay calendarios y en mi memoria los hechos están hechos una maraña. Me acuerdo de aquellos calendarios grandes, unos primores ilustrados con las imágenes de los santos que colgábamos al lado del tocador, ya no hay nada de eso, todas las cosas han ido desapareciendo, y yo también me fui borrando sin que nadie se diera cuenta.


Primero me cambiaron de alcoba, pues la familia creció, después me pasaron a otra más pequeña aún, acompañada de una de mis bisnietas. Ahora ocupo el cuarto de los trebejos, el que está en el patio de atrás.
Prometieron cambiarle el vidrio roto de la ventana, pero se les olvidó, y todas las noches por allí se cuela un airecito helado que aumenta mis dolores reumáticos.


Desde hace mucho tiempo tenía intenciones de escribir, pero me he pasado semanas buscando un lápiz, y cuando al fin lo encontraba, se me olvidaba dónde lo había puesto. A mis años las cosas se pierden fácilmente.


La otra tarde me di cuenta que mi voz también había desaparecido, porque cuando le hablo a mis nietos o a mis hijos no me contestan, todos hablan sin mirarme, como si yo no estuviera con ellos escuchando atenta lo que dicen. A veces he intervenido en la conversación, segura de que lo que voy a decirles no se le ha ocurrido a ninguno y les va a servir de mucho mis consejos.


Pero no me oyen, ni me miran, y tampoco me responden; entonces llena de tristeza, me retiro a mi cuarto antes de terminar de tomar la taza de café.


Lo hago así para que comprendan que estoy enojada, para que se den cuenta que me han ofendido, y vengan a buscarme y me pidan perdón, pero nadie viene a verme.
El otro día les dije que cuando me muriera entonces sí me iban a extrañar, y el nieto más pequeño me dijo: ¿Abuela es que estás viva? Les causó tanta gracia que no paraban de reír. Estuve tres días llorando en mi cuarto, hasta que una mañana entró uno de los muchachos a sacar unas llantas viejas y ni los buenos días me dio.


Fue entonces cuando me convencí de que soy una persona invisible: me paro en medio de la sala para ver si aunque sea estorbo, pero mi hija me mira y sigue barriendo sin tocarme, y los nietos pasan corriendo de un lado a otro sin tropezar conmigo.


Cuando mi yerno se enfermó, tuve la oportunidad de serle útil; le llevé un té especial que yo misma preparé; se lo puse en la mesita y me senté a esperar que se lo tomara, sólo que estaba viendo televisión y ni un parpadeo me indicó que se daba cuenta de mi presencia; el té se fue enfriando poco a poco, mi corazón también.


Un viernes se alborotaron los niños y me vinieron a decir que al día siguiente nos iríamos todos de día de campo, me puse muy contenta, ¡hacía tanto tiempo que no salía, y menos al campo! El sábado fui la primera en levantarme, quise arreglar las cosas con calma, los viejos nos tardamos mucho en hacer cualquier cosa, así que me tomé mi tiempo para no retrasarlos. Al rato entraban y salían de la casa corriendo y echaban bolsas y juguetes al carro.


Yo ya estaba lista y muy alegre me paré en el zaguán a esperarlos. Cuando arrancaron y el auto desapareció envuelto en el bullicio, comprendí que yo no estaba invitada; tal vez porque no cabía en el auto o porque mis pasos tan lentos impedirían que todos los demás corretearan a su gusto por el bosque.


Sentí cómo mi corazón se encogió, la barbilla me temblaba como cuando uno ya no aguanta las ganas de llorar. Vivo con mi familia y cada día me hago más vieja, pero cosa curiosa, ya no cumplo años, nadie me lo recuerda, todos están tan ocupados… yo los entiendo, ellos si hacen cosas importantes: ríen, gritan, sueñan, lloran, se abrazan, y se besan.



Yo ya no sé a qué saben los besos. Antes besuqueaba a los chiquitos, era un gusto enorme el que me daba tenerlos entre mis brazos como si fueran míos, sentía su piel tiernita y su respiración dulzona muy cerca de mí, la vida nueva se me metía como un soplo y hasta me daba por cantar canciones de cuna que nunca creí recordar; pero un día mi nieta Laura que acababa de tener un bebé, me dijo que no era bueno que los ancianos besaran a los niños por cuestión de salud; entonces ya no me les acerqué más, por temor a que les pasara algo a causa de mis imprudencias. ¡Ahora siento mucho miedo de contagiarlos!


Sin embargo, aunque los quiero mucho, voy a causarles un último contratiempo; mañana que es domingo, y no están tan atareados, se encontrarán con una sorpresa: ya tengo en mis manos el frasco de pastillas que me voy a tomar y no lo voy a soltar, con eso de que todo se me pierde, lo haré en la sala para que me encuentren pronto.


¡Dios Mío… que tengan dinero para mi ataúd y que no me guarden un mal recuerdo! Yo los bendigo a todos y los perdono, porque ¿qué culpa tienen los pobres de que yo me haya vuelto invisible?


Les dejaré éste papel para que tomen sus precauciones. Con tantas cosas que se inventan hoy, estoy segura que habrá algo que puedan comprar para que siempre sean vistos y escuchados; para que el día de mañana no tengan que morirse estando muertos desde antes… como yo.


Extraído de:
http://www.alzheimeruniversal.eu/2012/01/23/mensaje-de-una-anciana/

sábado, 3 de mayo de 2014

Hai días...

Hai días que é mellor non levantarse. Días nos que todo sae ó revés... Días nos que comezas ben e rematas fatal e todo o contrario. Días nos que os comezos auguran fatalidade e resultan ter un gran final... Días que pasan pola túa vida coma se non pasasen e coa maior das indiferencias, e días que non esperas borrar da memoria.
Días que sen querer, tes que levantarte. E días que querendo, non podes.
Días de soidade e días de grandes compañías. Días de bágoas e de amplos sorrisos. Días de traballo e días de vagancia, de chuvias e treboadas, de brillante sol...
Días nos que é mellor que non abras a boca, de feito, mellor que nin penses. E outros días nos que comerías o mundo.
Días mudos e días de inspiración...
Días...nos que amas, te ilusionas, te decepcionas, sofres, te enfadas, perdoas, te alegras, aprendes, te divirtes... e creas momentos que se converten en pezas dun puzzle, que por moi distintas que sexan, encaixan para formar a túa VIDA.
E sabes unha cousa? Por moi diferentes que sexan eses días, e ainda que xa se dese un deles, poden repetirse. Repetirse tantas veces como se lle antolle! Así que cando penses que ese día parece o final, non peches o libro, non apagues a pantalla... Cada día é unha nova oportunidade así que intenta facer de cada día un dos mellores capítulos da túa vida e sen desperdiciar calquera que sexa o final do mesmo antes de deitarte para comezar de novo.



María
.


miércoles, 30 de abril de 2014

Canción de Otoño en Primavera - Rubén Darío

Neste último día do mes do libro, e mentras preparaba a miña sesión da terapia grupal de estimulación cognitiva para os meus residentes...atopei este axeitado poema que con vós quero compartir...

Canción de Otoño en Primavera

Juventud, divino tesoro, 
¡ya te vas para no volver! 
Cuando quiero llorar, no lloro... 
y a veces lloro sin querer... 
Plural ha sido la celeste 
historia de mi corazón. 
Era una dulce niña, en este 
mundo de duelo y de aflicción. 
Miraba como el alba pura; 
sonreía como una flor. 
Era su cabellera obscura 
hecha de noche y de dolor. 
Yo era tímido como un niño. 
Ella, naturalmente, fue, 
para mi amor hecho de armiño, 
Herodías y Salomé... 

Juventud, divino tesoro, 
¡ya te vas para no volver! 
Cuando quiero llorar, no lloro... 
y a veces lloro sin querer... 
 
( Rubén Darío)

sábado, 12 de abril de 2014

Descanso

¡Otra vez!, tras la lucha que rinde
 y la incertidumbre amarga
 del viajero que errante no sabe
 dónde dormirá mañana,
 en sus lares primitivos
 halla un breve descanso mi alma.
 Algo tiene este blando reposo
 de sombrío y de halagüeño,
 cual lo tiene, en la noche callada,
 de un ser amado el recuerdo,
 que de negras traiciones y dichas
 inmensas, nos habla a un tiempo.
 Ya no lloro..., y no obstante, agobiado
 y afligido mi espíritu, apenas
 de su cárcel estrecha y sombría
 osa dejar las tinieblas
 para bañarse en las ondas
 de luz que el espacio llenan.
 Cual si en suelo extranjero me hallase,
 tímida y hosca, contemplo
 desde lejos los bosques y alturas
 y los floridos senderos
 donde en cada rincón me aguardaba
 la esperanza sonriendo.


11/04/2014-D.I.S.

viernes, 4 de abril de 2014

Un sentir extraño

Sentir que vén a levarte, sentir que está aí.
Sentir que queres marchar, mais non darte ido... Sentir...

María
.

sábado, 1 de febrero de 2014

Esa mirada

A mirada dalguén que me dou a vida.
A mirada dalguén que me emociona.
A mirada dalguén que que me da calma incluso sen sábelo.
E tan só con esa mirada.



María
.

[Felicidades mamá]

lunes, 13 de enero de 2014

Mejor saberlo: corto de alzheimer


Siguen teniendo sentimientos, te olvidas de lo que ha pasado, de lo qué has hecho, qué has sentido, pero sientes y actúas en el momento presente por muy corto que sea ese intervalo.
Sigues manifestando emociones. Tener EA no te exime desde el minuto uno de no enfadarte, de no llorar, reír o querer.



María
.

Un corto, como ilustración...

domingo, 12 de enero de 2014

Basta de mirar polo asento

Hoxe...Reflexión.
 
Despois de ver o VÍDEO xa me diredes que pasa polas vosas cabezas...
 
Realmente...o que estes nenos representan con México podería extrapolarse perfectamente.
Fai pensar e está moi ben feito.
Temos que comezar a cambiar o chip XA!!! Non só manifestando, ou chillando, ou falando o que se debería facer ou deixar de facer, senón actuando. O mundo cambiará si a sociedade que o habita fai que mude, senón...senón non cambia xentiña!
Considero que me quedan moitos anos de vida e creo que en cada día debo facer as cousas para que funcione da maneira máis correcta. Non se pode vivir coa actitude de "eu só que vou facer?", "Por moito que eu faga, só son un". Porque se todos pensamos así...Ninguén fará nada...
"Unha soa idea serve para mudar o mundo"
"Unha mente que se abre a unha nova idea nunca volve ter o tamaño orixinal"

Loitemos polo mundo que queremos, no que queremos vivir e no que queremos que as xeracións futuras vivan, e loitemos coa nosa actitude e bo facer....

DEPENDE DE NÓS
 
María
.
 
 

domingo, 15 de diciembre de 2013

Praíña 0-1 Cacheiras: Unha derrota non moi xusta...

...non moi xusta porque tamén é mala sorte que nos últimos minutos a defensa do equipo local non dese mantido a liña que en ocasións anteriores provocou o fóra de xogo por parte do Cacheiras dando por válido o gol que lles deu a victoria aos visitantes.

Non moi xusta porque tamén é algo de mala sorte que che anulen dous goles. Un deles, á vista da que vos escribe, moi inxusto, xa que veu precedido dunha falta que o árbitro tardou en sinalar. O xogo seguiuse e cando o balón xa entrara na rede sonou o silbato... Non sei si a tardanza foi debida a que o colexiado non esperaba que fose gol, se non atopaba o pito... Non sei, o caso é que se deixaches seguir o xogo e foi gol...non pites a falta media hora despois porque ata lle deu tempo a celebralo!!!

Polo demáis, nesta soleada tarde de domingo na que por fin puiden volver disfrutar dun partido do Praíña na casa, vin un equipo bastante sólido e merecedor da praza que ocupa. Un equipo que se gaña o posto de ascenso nesta nova categoría e que de seguro chegará lonxe.

Algúns contrarios creerán que son moito mellores porque chegado un momento, o encontro que se mantivo a ceros na primeira parte, chegou a ter maioría de xogadores por parte do Praíña ó ser expulsado un xogador do Cacheiras e nin así gañaron.
Outros que din ser siareiros do local tamén llo botarán en cara, para que enganarnos, as persoas somos así.
Pero o certo é que o equipo sufría moitas baixas e ainda así demostrou facer fronte no campo e o xogo estivo bonito en moitas ocasións.

A seguir traballando porque se verán as recompensas!! E como di un dos xogadores..."va, va, va!!"





María
.

miércoles, 11 de diciembre de 2013

Sobre demencias...

"Envellecer non é un problema, é unha adaptación"
 
 
Envellecer non sempre é un problema.
De feito, non debería selo nunca xa que si logramos envellecer quere decir que estamos pasando anos de vida...
Pero...ben é certo que hai que saber envellecer, ou saber adaptarse ó envellecemento que nos toca.
 
A veces temos un envellecemento activo, facémonos maiores pero seguimos facendo cousas, manténdonos na ola...ó mellor non na cresta, pero si que tocamos a auga paseando pola orilla...
 
E logo estámos todos ós que lles toca adaptarse de maneira máis brusca...xa que o envellecemento non vén só, senón que é acompañado dunah DEMENCIA e entón ñe cando deixa de ser un envellecemento activo para recibir o nome de envellecemento patolóxico. Pero non podemos avandonarnos, nin deixar só ó noso avó, avoa, tío, tía, nai, pai...Toca axudarlle e toca pedir axuda, porque o coidador tamén precisa seguir vivindo...
 
 
 
 
 
María
(psicóloga - Sobre psicoloxía)

domingo, 3 de noviembre de 2013

Historias "dun" bar...

...porque bares hai moitos e cada un ten unha historia propia...
...porque en cada un vivimos historias propias...

Hai arredor de 5 anos un dos bares de Pontevea cambiou de "dono". Apareceu en Pontevea un rapaz de fóra... E xa van alá 5 anos e dinos aos parroquianos que marcha!!

Teño que dicir que dende fai un tempo, que non podo calcular, ese bar foi o bar no que vin os clásicos, os derbies, o descenso, ascenso e volta ao descenso dun dos meus equipos.

O bar onde o café con leite, templado, con espuma, largo de café, en vaso... ten o vaso máis grande!je

Un bar que mudou en oficina por momentos. Que foi confidente de charlas amistosas. De decisións importates. Un bar de boas noticias, e desgraciadamente tamén de malas, moi malas. E estas, as emocionais, as experiencias emocionais que vivimos en momentos das nosas vidas e onde as vivimos fan deses lugares sitios especiais, pero tamén das xentes que nese intre están aí.

Hai máis bares en Pontevea, e a todos lles consta que os frecuento (ainda que esto poida non sonar ben, pero...o café é o café). E cada un deles ten as súas cousas. Cada bar ten as súas historias, anécdotas... Pero quería deixar constancia neste pequeno espacio que "este rapaz de fóra" deixa unha pegada nas xentes do lugar que de seguro botará en falta, pero que tamén seguro leva con el moitos amigos.

SORTE DAVID!

A ver quen aterriza agora por estes lares...

Para moitos poderían definir o bar coa canción "visite nuestro bar" de Hombres G.

Deixovos algunha outra canción de bares...para pasar un ratillo, despertar emocións, sentir nostalxia...Igual algún a asocia a algunha das súas "historias de bar"...

- Quiero beber hasta perder el control.-Los secretos
- Tras la barra.-Platero y tú.
- Clavado en un bar.- Maná.
- El último trago.- Chavela Vargas.



María
.

sábado, 19 de octubre de 2013

19 Octubre...MAMA

19 DE OUTUBRO.
DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA.

19 DE OCTUBRE.
DÍA MUNDIAL CONTRA EL CÁNCER DE MAMA.
 
 
Para min, non é só hoxe, é cada día do ano.
Para moit@s non é unha frase ou unha foto, é unha nova forma de vida que hai que aceptar e superar.
 
"Recordo ese momento coma se fose agora mesmo.
Estar tranquila, sen preocupacións dese tipo. Estar facendo algo que fas diariamente e non pasa nada. Pero ese día algo mudou e o destino fixo que me percatase, sen querer, de que algo que non debía estaba no meu corpo.
Notar que había un bulto no meu seno e contalo a quen máis quero todo foi un.
Dende aí comeza un novo camiño. Un de incertidume, de nerviosismo. Un camiño que se transformou tan só nun desvío da vida habitual e que afortunadamente rematou en poucos meses para voltar ó camiño principal, pero que non sempre é así.
Despois de meses de probas e consultas non sempre agradables chegou o momento de entrar nin quirófano e facer efectiva pequena a extracción.
Neste caso a cousa resultou ben.
Foron uns meses, hai quen pasa uns anos...e hai quen non pasa apenas nada..."
 
Hoxe é un día sinalado para que todos o recordemos, pero o cancro como enfermidade universal, e a loita contra el, debe estar presente todos os días mentras exista quen o padeza. E todos aqueles implicados na posible mellora deben estalo en maior medida e sen deixar de apoiar en todo momento. 
Pol@s que estiveron, están e estarán loitando, en tódolos ámbitos desta enfermidade.
 
 
 
Hoxe, DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO DE MAMA.
 
 
 
 
 
María
.
 


sábado, 7 de septiembre de 2013

Cartas para todos e para ninguén (IV)

Se hai algo? Non o sei.
Non parece de verdade.
Sucede coma nunha realidade paralela que non se da identificado moi ben.

De repente algo cambiou, pero non sabes moi ben o que.
A curiosidade existe e a ilusión parece detida polo medo ó cambio inesperado.

Como definir ese algo?
Non o sei, pero algo hai.




María
.

jueves, 5 de septiembre de 2013

Chuvisca en Carbia


Espertou cos primeiros raios de claridade que entraron pola fiestra aquela mañá.
Despois de tal verán de sol e calor, de días de Praia e refrescante brisa dende a terraza dos chiringuitos, de noites estreladas dende a tumbona no xardín...
 
Aquela mañá xa non era coma todas as anteriores.
Aquela mañá o sol xa non petaba tan forte, xa compartía horario coas nubes, máis despertaraa igual.
 
Arredou as finas sabas que a cubrirán durante a noite e pouco a pouco, desprendéndose da cama coma quen non quere deixar ó amante na estación...Púxose en pé.
 
Cando os seus poucos pasos se detiveron a carón da ventá descubriu que foi o que cambiou. Abreu a fiestra e o olor da terra mollada entrou no cuarto...
 
Xa caeron as primeiras pigas...
Xa o Outono está a chamar á porta...




María
.

martes, 27 de agosto de 2013

"21 días sen Cortizo" [día 3]

Día 3 sen Cortizo.

"A espera faise eterna.
Vai ser certo que quen espera desespera porque non sei como ela da aguantado sen saber nada.
É incrible como ainda arredrados físicamente a miña mente está máis apegada a ela ca nunca.
Creo que antes non pensaba tanto nela... Agora... Agora case cada cousa que fago perde sentido se ela non existise.
 
Por que quererá que me acostume á súa ausencia?
Por que me pide 21 días?
Que pretende mostrarme?
 
Hoxe teño moitos momentos e recordos na mente.
Hoxe teño moitas preguntas que facerlle.
Hoxe quería tela comigo, decirlle todo o que sinto e aquelo que nunca lle dixen."


María
.

lunes, 26 de agosto de 2013

"21 días sen Cortizo" [día 2]

Día 2 sen Cortizo.

Como a coñecín?
Pois apareceu na miña vida un pouco sen pensar. Coma un ovo "kínder" , de sorpresa. E de feito nunca mellor dito porque cando un ten un ovo kínder nunca sabe si a sorpresa que atopará no interior será a que mola ou aquela que dis..."para esto collín eu o ovo?"

Pero con Cortizo foi agradable.
Cando a ves por primeira vez non sabes como reaccionar, como "entrarlle" nin que reacción vai ter ela, pero ten ese imán como persoa que no fondo, sen saber moi ben como, atráete e fai que te acerques. E una vez que accedes a acercarte...para min foi imposible arredar dela.
 
Así que si me preguntas se podería vivir agora sen ela?
Pois non o sei, a verdade, pero creo que me costaría. Ela xa vive dentro de min.



María
.

domingo, 25 de agosto de 2013

...de ascensos e descensos...

...de altos e baixos...
...de alegrías e tristuras...
pero sempre de apoio incondicional!

Neste caso, en cuestión de deportes.
Unhas veces gáñase e outras pérdese.

Perdeuse porque o branuiazul de Riazor descendeu de novo a 2º división, pero ainda así sempre no corazón e con gran sentimento deportivista. Non deixarei de animar nesta nova tempada!


Pero neste caso as alegrías gañan terreo xa que o Compos comeza a tempada nunha nova categoría e esperemos que siga avanzando coma o campión que merece ser e como di a canción...O tren vai andando pasiño a pasiño e vaime levando cara o meu destiño... Todo traballo ten a súa recompensa!

balconcompos_web

E como todo traballo ten a súa recompensa..."que sí, joder, que vamos ascender"!!!
Este ano sí!!! Tras o Memorial desta fin de semana, na vindeira poderemos ver o primeiro encontró do praíña na súa nova categoría e intentaremos estar alí para velo e animar tras as impresións mostradas!!
 
 
ÁNIMO EQUIPO E A POR TODAS!!!
 
 
María
.

sábado, 24 de agosto de 2013

I TROFEO MEMORIAL JOSE LUIS PERNAS

 
Organizado polo PRAÍÑA SPORTING CLUB
 
Cando?
Hoxe, sábado 24 de Agosto
 
Onde?
No campo de fútbol do Praíña, en Reis
 
A que hora?
19.00h da tarde
 
 
 
Unha bonita e emotiva iniciativa que este clube renovado dispuxo para os afecionados, a familia e a ilustre figura de José Luís Pernas.
 
Un torneo que servirá de homenaxe ao que foi xogador e presidente do Sporting Club Praíña, e máis que recoñecido colaborador da entidade
 
Esta tarde gozaremos dun máis que seguro bonito e emocionante partido entre o recén ascendido equipo local e o S. D. Carcacía.
 
 
 
 
Se podedes, non perdades a oportunidade de pasar una boa tardiña.
A entrada será GRATUÍTA.
 
 
 
 
 
María
.

viernes, 23 de agosto de 2013

"21 días sen Cortizo" [día 1]

Día 1 sen Cortizo.

A sensación resultaba extraña, engañosa, irreal...
Como chegando da nada podías chegar a querer ou sentir algo por alguén? E como ese sentimento podía aferrarse a un mesmo tan forte como para non poder soltalo sen máis, cando un quixera. Decir "pois agora xa está, non te quero, non es nada para min".
Por que? Porque non se podía facer iso?

Seguro que algún outro ser, nalgún outro universo paralelo podía desfacerse de maneira tan fácil dos sentimentos cando xa non debían sentirse. Pero existise ou non, eu non era ese ser e non podía facer marabillas.

"Non será para tanto, total antes xa non me coñecías!"

Esas eran as súas palabras para quitarlle importancia ao feito, e ainda que parecese algo sinxelo o certo é que non o era porque antes non existía e agora... Agora toca afrontar a súa ausencia...



María
.

Seguidores